21 dic 2014

RECICLAMOS O NADAL

Un grupiño de alumn@s de bacharelato e eu fixemos durante este mes un obradoiro de reciclaxe de envases de iogur para transformalos en adornos de nadal.
Elaboramos 240 REIS MAGOS adornados con telas, papel e cinta de regalo.
O venres 19, os colaboradores de AGADANA de bacharelato levaron os adornos a infantil
 e entregaron un a cada nen@ e a cada profe.

BO NADAL PARA TOD@S!


17 dic 2014

2 dic 2014

CHARLAS DO SEPRONA

Onte, os alumnos de 3º e 4º e os de 5º e 6º de Primaria tiveron sendas charlas sobre a prevención de incendios forestais. Foron impartidas polo Sarxento Braña da Garda Civil, do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA).









29 nov 2014

MAGOSTO 2014

A PESARES DO MAL TEMPO DA MAÑÁN, QUEDOU UNHA BOA TARDE DESPEXADA PARA PODER CELEBRAR CON ÉXITO O MAGOSTO ECOLÓXICO AGADANA 2014.
GRAZAS A TODOS OS ALUMNOS DE 1º DA ESO POLA DECORACIÓN DO PATIO, A TODOS OS PROFESORES DE INFANTIL E PRIMARIA POLO SEU BO TRABALLO DE PREPARACIÓN DA ACTIVIDADE, AOS ASADORES DAS CASTAÑAS: Miguel, Carlos, Nacho, Liñares, Eduardo, Óscar e Juan, ÁS PROFES COLABORADORAS: Lucía, Chús, María, Cris e Rosa A. E, AS GRAZAS MÁIS ESPECIAIS PARA TODOS OS ALUMNOS DE 3º-4º ESO E 1º-2º DE BACHARELATO, XA QUE SIN ELES NON PODERÍAMOS REALIZAR ESTE EVENTO TAN IMPORTANTE E TAN  NUMEROSO.


GRAZAS A TOD@S!!


E GRAZAS Á ASOCIACIÓN DE PAIS E NAIS DO COLEXIO POR SUBVENCIONAR ESTE MAGOSTO!












28 nov 2014

HOXE HAI MAGOSTO!

Hoxe pola tarde faremos o MAGOSTO ECOLÓXICO!!
Cruzade os dedos para que deixe de chover cedo... Non vos preocupedes!!
 Hai PLAN B!! 
AGARDAMOS QUE O DISFRUTEDES COMA SEMPRE!
VIVA O MAGOSTO!



27 nov 2014

6º E. PRIMARIA NA GRANXA KIRIKO

XA ESTÁN ALÍ DISFRUTANDO DA ACTIVIDADE "OS SEGREDOS DOS ALIMENTOS"
TODOS OS ALUMNOS DE 6º DE PRIMARIA!!!!
E XA TEMOS AS PRIMEIRAS FOTOGRAFÍAS!!!






COMENDO EN KIRIKO:



XOGANDO DESPOIS DO XANTAR:



VISITANDO AOS ANIMAIS:






14 nov 2014

CONCURSO DE RELATOS

Os alumnos de 3º ESO, Paula Barreiro, André Costas e María López-Chaves, participaron no 7º Concurso de Relatos CIENCIA QUE CONTA 2014.
O prazo de presentación de traballos conclúe mañá día 15 e agora toca esperar ao veredicto do xurado. GRAZAS Virginia pola túa colaboración!
Moita sorte rapaces e GRAZAS polo voso interese!
AGADANA coa CIENCIA!

Ciencia que Conta logo


13 nov 2014

O MAGOSTO TERÁ QUE ESPERAR...

Supoño que todos estariades esperando con gañas a tarde do MAGOSTO ECOLÓXICO, pero debido ás alertas amarelas por chuvias que se esperan para hoxe e mañán non poderemos realizar o magosto ata que veña mellor tempo.
Xa os avisaremos! Vós deixade as castañas na neveira ata o día que o fagamos!


SAÍDA DE 3ºA E 3ºB DE E. PRIMARIA

Onte pola mañán, os alumnos de 3ºA e 3ºB de primaria visitaron o Centro de Interpretación das Illas Atlánticas. Foi unha xornada moi divertida e de moita aprendizaxe sobre as curiosidades do Parque Nacional; todos, profes e nenos, disfrutraron a tope!!


7 nov 2014

SAÍDA DE 6ºB E 6ºC DE PRIMARIA

Hoxe, os alumnos de 6ºB e 6ºC de E. Primaria baixaron cara ao Casco Vello en busca do Edificio Cambón, onde se atopa o Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Realizaron varias actividades para coñecer mellor esta riqueza natural que temos en Galicia:


5 nov 2014

SAÍDA DE 4ºB E 4ºC E. PRIMARIA

Os alumnos de 4ºB e 4ºC de E. Primaria visitaron hoxe o Centro de Interpretación do Parque Nacional Illas Atlánticas que ten a súa sede no Edificio Cambón, no Casco Vello. Alí aprenderon e disfrutaron das actividades programadas polos guías do Parque:


SAÍDA DE 5ºC E 6ºA DE PRIMARIA

Onte, o centro de Visitantes das Illas Atlánticas contou de novo coa visita dos nosos alumnos. Esta vez tocoulle o turno a 5ºC e a 6ºA de E. Primaria.


4 nov 2014

CANCIÓN DO MAGOSTO

Ola a tod@s!
A nosa compañeira e profe de infantil María Prieto envioume esta canción do MAGOSTO que é fermosísima e estaría ben que todos a cantasemos para a nosa próxima festa da castaña...Que vos parece?
Ahí vola deixo para que a aprendades!!



1 nov 2014

COMPROMISO ECOLÓXICO NOVEMBRO

Agadana e a Biblioteca temos un recuncho compartido no 1º andar do pavillón de primaria, no que vos presentamos cada mes o compromiso ecolóxico e lector. 



26 oct 2014

SAÍDA DE 4ºA DE PRIMARIA

Os alumnos de 4ºA de E. Primaria visitaron o Centro de Interpretación das Illas Atlánticas  o xoves 23 de outubro e aprenderon moitísimas cousas sobre o noso Parque Nacional. Ademáis, tiveron a sorte de recibir unha camiseta cada un, xa que, ese día inauguraron o novo curso de actividades. Así de ben o pasaron:


23 oct 2014

SAÍDA de 5ºA e 5ºB de PRIMARIA

Os alumnos de 5ºA e 5ºB de E.Primaria visitaron onte o Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Nesta montaxe fotográfica os podedes ver en acción, aprendendo e divertíndose:

16 oct 2014

DIA DA ALIMENTACIÓN

Hoxe, 16 de outubro, é o Dia Mundial da Alimentación.  A FAO publica un artigo sobre como cambiar os nosos habitos alimentariosmde cara a unha alimentacion máis sana e ademáis, con menor impacto no noso planeta.
O seu lema é: "ALIMENTAR AO MUNDO, COIDAR O PLANETA"
Lé o seu artigo, é moi interesante!


13 oct 2014

CONFERENCIA DE EMILIO VARELA

O venres 10 de outubro os alumnos de 3º-4º ESO e os de 1º-2º BCHTO. tiveron unha xornada matinal de conferencia, proxección e coloquio impartida por Emilio Varela,
periodista especializado en temas medioambientais e que xa estivo noutras ocasións con nós.
A charla titulada "OURO IMPURO", tivo como obxectivo informar, mentalizar e concienciar a todos os que alí estabamos sobre o dano da megaminería industrial na nosa terra. As posibles explotacións de ouro na zona norte galega quedaron paralizadas grazas ás mobilizacións do pobo.


Actividade subvencionada pola ANPA.

9 oct 2014

ACTIVIDADE MEDIOAMBIENTAL

MAÑÁ, VENRES 10 DE OUTUBRO, OS ALUMNOS DE 3º-4º ESO E 1º-2º BCHTO. PODERÁN DISFRUTAR DUNHA CHARLA-COLOQUIO A CARGO DO PERIODISTA
EMILIO VARELA, ESPECIALISTA EN TEMAS MEDIOAMBIENTAIS.

MOITAS GRAZAS Á ASOCIACIÓN DE PAIS POR SUBVENCIONAR ESTA ACTIVIDADE!


18 sept 2014

BENVIDOS AO NOVO CURSO ECOLÓXICO 2014/15

OLA A TOD@S!

XA ESTAMOS DE VOLTA E CON MOITAS GAÑAS E ILUSIÓN!

SEGUIMOS RECOLLENDO TAPÓNS E RECICLANDO PAPEL NAS AULAS...
NON ESQUEZADES FACELO NA CASA!

PRESTADE ATENCIÓN AOS DISTINTOS ACONTECEMENTOS MEDIOAMBIENTAIS QUE TEÑEN LUGAR NO PLANETA, COMA ESTE: MARCHA POLO CLIMA  21 DE SETEMBRO.









24 jun 2014

SAÍMOS NO FARO DE VIGO!!

HOXE, DÍA DE SAN XOAN, A HORTA ESCOLAR AGADANA  SAE PUBLICADA NUNHA REPORTAXE DO SUPLEMENTO DO FARO DE VIGO "A ESCOLA DO FARO":



20 jun 2014

FELIZ VERÁN 2014!

XA CHEGARON, XA ESTÁN AQUÍ..., AS VACACIÓNS!!
AGADANA DESÉXAVOS UN FELIZ VERÁN A TOD@S!
DISFRUTADE DAS PRAIAS, DOS MONTES, DOS RÍOS... E COIDÁDEOS MOITO PARA PODER SEGUIR DISFRUTANDO DELES CADA DÍA!

AQUÍ TEDES O VIDEO RESUMO DE AGADANA DESTE CURSO QUE XA REMATA.
ESPERO QUE O DISFRUTEDES!


ESTE VIDEO FÍXENO COA AXUDA DUN GRAN AMIGO MEU E DE AGADANA.
GRAZAS ÓSCAR!

19 jun 2014

FOTOS GAÑADORAS 2014

VELAIQUÍ TEDES AS FOTOGRAFÍAS GAÑADORAS DO CONCURSO 2014:
1ª SOLPOR (PURI DIZ)
2ª FEEL IN BLUE (MARTA COMESAÑA)
3ª O SALTÓN COXO (TERE VILA)


A VER SI O VINDEIRO CURSO TEMOS MÁIS PARTICIPANTES...!
GRAZAS!



18 jun 2014

EXPOAGADANA 2014

PENSANDO EN TODOS AQUELES AOS QUE VOS FOI IMPOSIBLE VIR VISITAR A EXPOSICIÓN, VELAIQUÍ TEDES A REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA MESMA:


ÚLTIMA ENTREGA TAPÓNS!

HOXE, AS 11.30, FIXEMOS A DERRADEIRA ENTREGA DE TAPÓNS PARA SHEILA DESTE CURSO QUE XA REMATA. FORON 18 SACOS XIGANTES,
RESULTANDO UN TOTAL DUNS 65 SACOS APORTADOS.
SEGUIDE GARDANDO TAPÓNS DURANTE O VERÁN PORQUE SEGUIREMOS
 O VINDEIRO CURSO ESCOLAR!
MOITAS GRAZAS A TODOS!

11 jun 2014

ENTREGA DE PREMIOS "O MONTE É A NOSA VIDA"

O MÉRCORES 4 DE XUÑO, IREA GARCÍA DE 3º ESO ASISTIU Á ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE DEBUXO "O MONTE É A NOSA VIDA" EN SANTIAGO DE COMPOSTELA. FOI A GAÑADORA NA CATEGORÍA INDIVIDUAL DO CONCURSO.
NORABOA IREA!


10 jun 2014

EXPOAGADANA 2014

DO 10 AO 18 DE XUÑO ESTARÁ ABERTA A EXPOSICIÓN DE AGADANA 2014. 

LUGAR: PAVILLÓN DE PRIMARIA, 1º ANDAR, SALA SIESTA.
HABERÁ CARTEIS E PEGADAS QUE MARCAN O PERCORRIDO PARA CHEGAR.

HORARIO DE VISITA: DE 4.30 A 7.30 DA TARDE.

ESPERAMOS QUE A DISFRUTEDES!





9 jun 2014

FESTA VOZ NATURA

O SÁBADO 7 DE XUÑO CELEBROUSE EN CULLEREDO (A CORUÑA) A FESTA DE FIN DE CURSO DO PROGRAMA VOZ NATURA, NO QUE PARTICIPAMOS DESDE HAI 5 ANOS.
ENVIAMOS VARIOS TRABALLOS PARA A EXPOSICIÓN QUE ALÍ ORGANIZAN E ESTA É A FOTO DO NOSO STAND:



5 jun 2014

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

HOXE, 5 DE XUÑO CELÉBRASE EN TODO O PLANETA O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE! CONTRIBÚE CO TEU GRAN DE AREA PARA ACADAR UN MUNDO MELLOR!