21 dic 2013

RECICLAXE DE ACTIMELES

Algúns dos colaboradores de AGADANA, de 4º ESO e 1º BCHTO., reciclaron os envases de actimel facendo REIS MAGOS como adornos da árbore de nadal
para os máis peques de 3 anos.
Traballaron moito aproveitando os ocos libres entre clases e exames...



18 dic 2013

17 nov 2013

MAGOSTO E REFORESTACIÓN

O venres 15 de novembro disfrutamos dunha fría tarde de outono que se suavizou un pouquiño coa calor das castañas asadas. Ademais, os 675 alumn@s de infantil e primaria, axudados por case 70 alumn@s de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de BCHTO., plantaron castañas co obxectivo de reforestar os nosos montes con novos castiñeiros. Fixemos tamén reciclaxe, xa que empregamos tetra-briks para facer dita plantación.
Moitas GRAZAS a TOD@S pola vosa colaboración no bo desenvolvemento desta xornada festiva!

E as GRAZAS máis especiais a tod@s @s alumn@s de ESO/BCHTO
que o fixeron XENIAL e sin eles esto non se podería levar a cabo!

GRAZAS! GRAZAS! GRAZAS!GRAZAS! GRAZAS! GRAZAS!GRAZAS! GRAZAS! GRAZAS!



7 nov 2013

31 oct 2013

18 oct 2013

CONCURSO DE DEBUXO


A Sociedade de Ciencias de Galicia, o Liceo Casino de Pontevedra, a Misión Biolóxica de Galicia-CSIC e a Estación Fitopatolóxica do Areeiro-Deputación de Pontevedra organizaron un concurso escolar de debuxo no Ano Internacional da Auga, co obxectivo de fomentar entre os estudantes de 6 a 11 anos o uso responsable e sostible da auga.

Participaron desde AGADANA os seguintes debuxos:




24 jun 2013

VIDEOS AGADANA

Adiántovos un video adicado a toda a plantación realizada na horta escolar.
Aproveito para desexarvos a TOD@S un FELIZ VERÁN!

20 jun 2013

NOVA EDICIÓN PROGRAMA VOZ NATURA

Xa estamos admitidos na nova edición do Programa Medioambiental VOZ NATURA, no que levamos participando xa 5 anos. ¡Moitas grazas pola axuda prestada!

¡NORABOA Á GAÑADORA DO CONCURSO AQUALIA!

Helena Labandeira Campos, de 3ºC de E. Primaria foi a gañadora do concurso de debuxo sobre a auga organizado, como todos os anos por AQUALIA.
¡NORABOA HELENA, POLO TRABALLO BEN FEITO!

¡NORABOA AOS GAÑADORES DO CONCURSO O MONTE É A NOSA VIDA!

Os alumnos de 1º A ESO, Gonzalo Álvarez, Rodrigo Gómez, Iago Saavedra e Manuel Domínguez, foron os gañadores do concurso de debuxo "O monte é a nosa vida", organizado pola Confederación de Empresarios da Madeira e a Xunta de Galicia. O traballo o realizaron na materia de Plástica, impartida por Cristina Rodríguez.
¡Noraboa a TOD@S!
No minuto 13 do telexornal que vos adxunto tedes a entrevista aos nosos artistas ecolóxicos.

19 abr 2013

SEMENTAMOS EN INFANTIL E PRIMARIA

O venres 12 de abril fixemos os sementeiros en todas as aulas de E, Infantil e en 1º, 2º e 3º de E. Primaria. Realizáronos grazas a axuda inestimable de alumn@s de 3º e 4º ESO e de 1º e 2º de BCHTO., que pasaron a súa tarde libre cos máis pequenos. 
¡A TODOS MOITÍSIMAS GRAZAS!

Velaiquí tedes un avance das fotografías, previo á montaxe que realizarei: