21 jun 2012

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSOS DE DEBUXO E REDACCIÓN

Onte, Inés Cardero e Marta Perdiz recibiron os seus premios por ser gañadoras do concurso de redacción "Life-O monte vivo", e do concurso de debuxo "O monte é a nosa vida", respectivamente. Un representante de ASEFOGA e outro da Xunta fóron ao colexio as 11 da mañá para entregar o regalo a Inés (un libro electrónico) e as 12, no IES Casares de Vigo, O Sr. Conselleiro de Educación fixo o mesmo con Marta (unha cámara de fotos dixital).¡Mirade as fotos! 



19 jun 2012

INÉS CARDERO, GAÑADORA DO CONCURSO DE REDACCIÓN

Mañá, mércores 20 de xuño, INÉS CARDERO NERI, de 1ºA de ESO, recibirá un premio por ser a gañadora do concurso de redacción "Life-O Monte Vivo", organizado por Asefoga, Sylvanus e a Consellería de Medio rural e do Mar, da Xunta de Galicia. O concurso foi promovido por AGADANA e estaba dirixido a alumnos de 13 a 14 anos.

 ¡INÉS, NORABOA POLO TRABALLO BEN FEITO!

17 jun 2012

EXPOAGADANA 2012

Dende o mércores 13 de xuño ata o mércores 20, incluido, podedes visitar a exposicón de fin de curso de AGADANA. Atópase no 1º andar do pavillón de primaria.
O horario de visita para os pais é pola tarde de 5 a 8.
¡Non vola perdades! ¡Votade unha ollada nestas montaxes!



12 jun 2012

EXPOSICIÓN AGADANA 2011-12

Xa estamos montando a exposición de remate do curso ecolóxico 2011-12, no que tivemos moitísimas actividades. ¡AGARDÁMOSVOS!

5 jun 2012

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

¡Ola a tod@s!
Hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente e dende AGADANA queremos lembrar a importancia do coidado do noso contorno, a riqueza do mesmo e que nas nosas mans temos a chave da porta cara un futuro sustentable.
Mira todo o que podemos facer: