30 abr 2012

NATURNOVA 6º E.P.

Os alumnos de 6º de primaria realizaron a visita ao Centro de Educación Ambiental NATURNOVA o venres 27 de abril. Estas son as fotografías da súa visita:


25 abr 2012

ANUNCIO: CHARLA SOBRE O TABACO

 O vindeiro luns 30 de abril os alumnos de 1º e de 2º de ESO recibiredes unha charla sobre os danos do tabaco sobre a saúde. Será impartida pola Dra. Victoria Aldea, que nos últimos anos nos ven visitando grazas á participación no concurso "Clases sen Fume" da Xunta de Galicia.
Clases sen fume

22 abr 2012

22 de ABRIL: DÍA MUNDIAL DA TERRA

Hoxe é o Día Mundial da Terra: conciencémonos todos de que temos que seguir loitando por manter san o noso fogar. ¡Salvemos a Terra!

20 abr 2012

16 abr 2012

CONCURSO "O MONTE É A NOSA VIDA"

Hoxe, foron enviados por correo os debuxos dos alumnos de 1º e 3º da ESO, participantes no concurso "O monte é a nosa vida", organizado por CONFEMADERA Galicia.


Tamén é un concurso de fotografía para todos os alumnos de Educación Secundaria de Galicia. Animádevos a participar. Tedes ata o 4 de maio. Visitade este enlace: http://www.facebook.com/photo.php?

15 abr 2012

ACTIVIDADE DO PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS

Os alumnos de 5º de primaria participaron ao longo das mañáns dos días 12 e 13 de abril da actividade interactiva levada a cabo polas guías do Parque Nacional Illas Atlánticas no colexio. Esta actividade foi otorgada a estes rapaces pola súa participación previa nun concurso de cómic sobre as Illas, do que foron gañadores. Ademáis de aprender moito máis sobre o noso Parque Nacional nestas xornadas didácticas, todos os alumnos de 5º disfrutarán dunha visita gratuita ás Illas Cíes o vindeiro martes 24 de abril.
¡NORABOA A TOD@S E DISFRUTADE!

13 abr 2012

12 abr 2012

CHARLA DO SEPRONA SOBRE OS INCENDIOS FORESTAIS PARA ESO

 De volta das vacacións de Semana Santa, os alumnos de 1º e 2º, por unha banda,  e de 3º e 4º de ESO, pola outra, recibiron sendas charlas sobre os incendios forestais, impartidas por José Luis de la Fuente, pertencente ao SEPRONA.

1 abr 2012

A HORA DO PLANETA

O 31 de marzo foi a HORA DO PLANETA, unha proposta de WWF para tratar de concienciar ás persoas da importancia do coidado da Terra. Máis de 6.500 cidades apagarán a luz hoxe en todo o mundo.
La Hora del Planeta 2012