30 nov 2011

2º DE ESO NA GRANXA KIRIKO

O pasado xoves 24 de novembro, @s alumn@s de 2º de ESO disfrutaron dunha actividade medioambiental en plena natureza, na Granxa Kiriko, en Fornelos de Montes:
 "A xuventude pola sostenibilidade".
Pasárono de maravilla e aprenderon moitas curiosidades sobre o medio natural,
como podedes comprobar nas seguintes montaxes fotográficas.


















24 nov 2011

1º DA ESO NA GRANXA KIRIKO

O venres 18 de novembro @s alumn@s de 1º da ESO tiveron unha xornada lúdico-educativa relacionada coa SOSTENIBILIDADE na granxa Kiriko. Visitaron todo o entorno e explicáronlles a necesidade de manter o equilibrio co medio natural. Invitáronos a xantar e fixeron obradoiros de reciclaxe. Foi un día moi especial no que as cores do outono destacaron con moita intensidade.


22 nov 2011

AS FOTOS DO MAGOSTO 2011

Aquí tedes as fotos do Magosto, de Nacho e de Marta. Hai moitas, en varias montaxes.
¡A ver se vos atopades por ahí!






































18 nov 2011

MAGOSTO 2011

¡Estaban boísimas! ¡Siiiiiiiiiiiiiiii, as castañas!
Todos os alumn@s de infantil e primaria disfrutaron dun soleado MAGOSTO o xoves 17 de novembro. A asociación de pais, como sempre, financiou os gastos de esta actividade.
Moitas grazas a todos os colaboradores de 1º e 2º de bacharelato e tamén os de 1º da ESO que axudaron en todo momento. Por suposto, moitas grazas a todos os profesores, os asadores e os gaiteiros.
Esta fin de semana teredes a montaxe fotográfica.

16 nov 2011

MAGOSTO 2011

O xoves celebraremos o MAGOSTO para Infantil e Primaria. ¡Será un gran día! ¡Disfrutádeo!

15 nov 2011

CONCURSO DE DEBUXO "OS BOSQUES"

Os 15 alumnos finalistas do concurso de debuxo "Os bosques" foron a Pontevedra a recoller o seu premio. Levaron unha gran sorpresa cando nomearon a Gustavo Vázquez Zapata como un dos gañadores do cheque por valor de 100 euros para gastar nunha librería. ¡Noraboa a todos outra vez!


 

6 nov 2011

CONCURSO DE DEBUXO "OS BOSQUES"

Foron moitos os alumnos participantes no concurso de debuxo "Os bosques", convocado pola Sociedade de Ciencias de Galicia, a Misión Biolóxica de Galicia (CSIC), o Liceo Casino de Pontevedra e a Asociación Forestal de Galicia. As idades dos participantes do noso colexio comprendían desde os 6 aos 11 anos, e os 15 finalistas de Compañía de María son: María Carreira, Adriana Avellanal, Alba Gómez, Alejandro García, África Llanes e Helena Labandeira (6-7 anos); Diego Pérez, Sergio Ferreira e Valeria Iglesias (8-9 anos); María Calderón, Rafa Banguese, Carmen González, Candela Álvarez, Gustavo Vázquez e Julia Vázquez A. (10-11 anos).



Aquí tedes o programa da Semana da Ciencia 2011 no Liceo de Pontevedra

¡NORABOA A TODOS E MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!