10 feb 2011

VERMICOMPOSTADOR (I)

O xoves 10 de febreiro @s alumn@s de 3ºC de E.P. e @s alumn@s de 1ºC de ESO disfrutaron dunha actividade moi interesante e animada sobre como se prepara humus de miñoca para despois poder abonar a horta escolar. Teresa, da asociación BIDUEIRO, explicounos moitas cousas sobre as miñocas, en concreto sobre a "Miñoca vermella de California" (que ven sendo tamén da nosa terra). Ensinounos a preparar o VERMICOMPOSTADOR onde quedaron xa un grupiño de miñocas alimentándose de restos de froita e verduras. Xa sabemos que o que máis lles gusta é a fresa, o melón e as cascas dos ovos. Temos que ter coidado da cantidade de auga que posúen e coa temperatura. ¡Agora toca coidar ás nosas invitadas!
                                   

VERMICOMPOSTADOR (II)

                                

CHARLA SOBRE O PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS

O xoves 10 de febreiro de 2011 os alumn@s de 4º da ESO disfrutaron dunha charla interactiva sobre o Parque Nacional Illas Atlánticas. As guías do parque ensináronlles a flora e a fauna das Illas e as características das mesmas.